jueves, 15 de abril de 2010

TERTULIA LITERARIA NO "LICEO" DE OURENSE





O  día 14 de abril un grupo de alumn@s do Club de Lectura Ao pé da letra do Centro acudiu ao Liceo de Ourense. Alí, xunto a outros alumn@s de Centros da provincia, participaron nunha tertulia literaria ao redor do libro de Fernando Marías Zara y el librero de Bagdag. A experiencia resultou moi grata. Merendando amorodos e refrescos os tertulianos debatiron cuestións relacionadas coa obra como as guerras, o exilio e as relacións humanas.
Parabéns a todos e todas pola madurez e alto nivel mostrados.
Aquí tedes os enlaces das notas de prensa. Pronto disporemos do DVD do acto.



2 comentarios:

  1. Espero que o pasarandes moi ben! Sinto non poder haber ido.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que o pasamos moi ben e foi unha experiencia moi bonita poder debater sobre temas tan interesante coma o amor ou a barbarie das guerras. Persoalmente, gustaríame repetir esta experiencia en futuras ocasións, coa ilusión de que aqueles que non puidestes vir este mércores si que poidades asistir no futuro.

    ResponderEliminar