miércoles, 30 de marzo de 2011

2 de abril: Día do libro infantil e xuvenil


O libro lembra. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova. 
Cada ano, esta organización encarga un texto e unha ilustración para o cartel conmemorativo a autores dun país distinto. Nesta ocasión, Aino Pervik e Jüri Mildeberg proceden de Estonia e agasállanos con unha imaxe exquisita e unha visión do libro como testemuña dunha época e dun lugar. 
Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e disfrutalo en galego.  

Información obtida en Bibliotecas Escolares de Galicia
Máis información, aquí.
 

martes, 29 de marzo de 2011

Óscar Rivero: un cerebro matemático formado no Cidade de Antioquía



Óscar Rivero acaba de gañar unha medalla de ouro na Olimpiada Matemática de España, quedando terceiro (xa o ano pasado acadara unha medalla de prata). O seu próximo reto agora é a Olimpiada Internacional que se celebrará en Amsterdam.


Unha vez máis --e de seguro que continuaremos facéndoo--, noraboa Óscar polos teus logros no  campo das matemáticas.






 Estes son algúns dos medios impresos e dixitais que recoñecían hoxe o labor do noso estudante, sen contar os rediofónicos e televisivos que están a converter a Óscar en todo un fenómeno mediático no Centro.

Estamos moi orgullosos de ti!

domingo, 27 de marzo de 2011

Ler é doado

 Dous curiosos exemplos que ilustran como leer non é tan difícil, senón un acto case inconsciente onde o cerebro actúa automaticamente de forma vertixinosa:

El orden no importa:
SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVENRSDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCIO COCRRTEA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN ASI PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ETSO ES PQUORE NO LEMEOS CDAA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PLAARBA EN UN TDOO. PRESNOAMELNTE, ME PREACE ICRNEILBE.

Y este otro: si consigues leer las primeras palabras, el cerebro descifrará las demás: 
C13R70 D14 D3 V3R4N0 3574B4 3N L4 PL4Y4 0853RV4ND0 D05 CH1C45 8R1NC4ND0 3N 14 4R3N4, 357484N 7R484J484N MUCH0 C0N57RUY3ND0 UN C4571LL0 D3 4R3N4 C0N 70RR35, P454D1Z05, 0CUL705 Y PU3N735. CU4ND0 357484N 4C484ND0 V1N0 UN4 0L4 D357RUY3ND0 70D0 R3DUC13ND0 3L C4571LL0 4 UN M0N70N D3 4R3N4 Y 35PUM4. P3N53 9U3 D35PU35 DE 74N70 35FU3RZ0 L45 CH1C45 C0M3NZ4R14N 4 L10R4R, P3R0 3N V3Z D3 350, C0RR13R0N P0R L4 P14Y4 R13ND0 Y JU64ND0 Y C0M3NZ4R0N 4 C0N57RU1R 07R0 C4571LL0 C0MPR3ND1 9U3 H4814 4PR3ND1D0 UN4 6R4N L3CC10N; 64574M05 MUCH0 713MP0 D3 NU357R4 V1D4 C0N57RUY3ND0 4L6UN4 C054, P3R0 CU4ND0 M45 74RD3 UN4 0L4 LL364 4 D357RU1R 70D0, S010 P3RM4N3C3 14 4M1574D, 3l 4M0R Y 3l C4R1Ñ0, Y L45 M4N05 D3 49U3LL05 9U3 50N C4P4C35 D3 H4C3RN05 50NRR31R.

JOSEFINA ALDECOA


Acábanos de deixar esta magnífica escritora, membro da chamada "Generación de los niños de la guerra" (Rafael Sánchez Ferlosio, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute e Rafael Azcona), que fixo da educación a súa auténtica paixón. Déixovos o enlace á páxina que se lle dedica en Wikipedia para que a podades coñecer mellor. Tamén resulta interesante este artigo de "Público.es" (El refugio de Josefina Aldecoa) onde se explica como era o seu colexio e a súa idea de educación, baseada nos preceptos da "Institución Libre de Enseñanza": dicía que era mellor formar persoas que sabios.

sábado, 19 de marzo de 2011

Poetas anónimos

Ide cos ollos ben abertos, porque a cada paso podedes encontrar poesía e sabedoría.



http://batania.blogspot.com/


Si pudieras correr siempre, maldito hermano del viento,
si te fuera imposible detenerte,
ahora que sabes que el despacio te lleva a la tristeza,
si pudieras vivir corriendo, volando,
ligero como un globo o como un trébol,
como una ele trazada con lápiz,
vivir sin mirar al suelo, implacable en tu hastío,
sin desmayar nunca en tu odio a la realidad.

jueves, 17 de marzo de 2011

"Pasamos de todo" e "Biblioantioquía" no "Blogmaestro".

Os nosos blogs citados no BLOGMAESTRO de La Voz de Galicia
Noraboa ao labor dos rapaces de Pasamos de todo.

1ª razón para ler o xornal: aprenderás a escribir e expresarte mellor

Escrito por blogmaestro
9 de marzo de 2011 a las 0:12h

O plan lector do centro debe aproveitarse da potencialidade dos xornais para mellorar a competencia  do alumnado á hora de comprender e interpretar criticamente textos escritos. Este é un paso esencial para que  produzan e se expresen mellor por escrito centrándose en algo cercano e actualizado de xeito constante.
Un xornal como o da imaxe ofrece unha amplitude de informacións que poden dar pé a realizar actividades e proxectos en calquera das disciplinas escolares. As “primeiras multas por circular a máis de 125 en autovía”, o “paso de xigante” do Deportivo “cara á permanencia”, as “advertencias da OTAN a Gadafi”, o bo tempo que fará o resto da semana ou a chocante noticia de que “as galegas gañan un promedio de 4.677 euros menos ao ano que os homes“.
Por eso nesta Semana da Prensa na Escola propoñémosvos a todos facer actividades que partan da prensa e que se podan introducir no plan lector do voso centro. Con ese fin e como exemplo a nosa proposta para calquera curso da ESO ou Bacharelato parte da celebración onte, 8 de marzo, do Día Internacional da Muller Traballadora. A través do artigo anterior e doutro no xornal de onte que anuncia que “Bruxelas da un ano ás empresas para que incorporen mulleres en altos cargos” pódese realizar na clase un debate sobre o valor da igualdade. Ademais, ambos artigos conteñen datos estatísticos que combinan perfectamente dúas das competencias básicas, a lingüística e a matemática, e poden dar pé a unha acción combinada entre varias disciplinas.
Os datos pódense trasladar a gráficas ou mesmo infografías nas que tería un papel importante o departamento de Educación Plástica e Visual. Outro subproducto sería comprobar mediante unha enquisa no blog a percepción da igualdade entre os compoñentes da clase. Finalmente, poderíase rematar coa publicación no blog dun artigo de opinión  sobre este tema por parte de todo o alumnado implicado no debate inicial.
Deste xeito, e a través da lectura do xornal, podemos ver cumplida a primeira das razóns propostas por Prensa-Escuela nesta Semana da Prensa na Escola: “lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor”.
NOTA: Exemplo de organización do blog de aula arredor das moitas celebracións ao longo do ano escolar e das informacións aparecidas nos medios e en Internet é Pasamos de todo, realizado por un grupo de 7 alumnos de 1º de ESO do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense). A biblioteca deste centro conta tamén cun excelente blog de animación á lectura, Biblioantioquía. Noraboa por ambas iniciativas.
Recomendamos tamén a presentación sobre o Plan Lector de centro realizada por Pascual Asensio Sánchez, profesor do CEIP Benedicto XIII de Illueca (Zaragoza):