martes, 26 de octubre de 2010

Venres de pesadelo


VENRES-RECREOS
BIBLIOTECA

ASÓMATE A UN LUGAR INQUIETANTE ONDE SUFRIRÁS COA LECTURA DE CONTOS DE TERROR
NUN AMBIENTE DE PESADELO

COA PARTICIPACIÓN DO
CLUB DE LECTURA
AO PÉ DA LETRA”


domingo, 24 de octubre de 2010

SEMANA DO TERROR!!!


NA BIBLIOTECA
Esta semana disfruta (??????) do terror, do medo, da tensión...

   Especial 
 
                                           Samaín

E o venres... RECREOS DE INFARTO...!!!


Gañadores do concurso "Ler e escoitar"


Xa temos os gañadores na fase do Centro!
Noraboa a todos e todas por participar con tanta ilusión!
Os gañadores foron:
MODALIDADE INDIVIDUAL:
1º Premio: Iván (2ºA)
2º Premio: Alba (2ºA)
MODALIDADE DE GRUPO:
1º Premio: Lara e Andrea (2ºA)
2º Premio: Antía e Ana (2ºB)


miércoles, 20 de octubre de 2010

NOBEL VARGAS LLOSA

Despois de Octavio Paz, Gabriel García Márquez, entre outros, unha vez máis concédeselle o premioNobel a un autor hispanoamericano. Se queredes saber máis sobre o autor, este é o enlace á
Estas son algunhas das súas obras máis coñecidas:

  

CONCURSO "LER E ESCOITAR"

Por problemas de tempo, os recreos previstos do martes para o concurso quedaron escasiños. Lembrade que rematamos no primeiro recreo do xoves e que entón se concederán os premios.
NON FALTEDES!!!

miércoles, 6 de octubre de 2010

CONCURSO "LER E ESCOITAR"

BIBLIOANTIOQUÍA

presenta:
1º concurso Ler e escoitar
para 1º e 2º de E.S.O.
O próximo día 19 de outubro
na BIBLIOTECA
nos RECREOS
(1º recreo: individual; 2º recreo: grupos)
Anótate na Biblioteca antes do 14 de outubro
Información:
Dominga González
Ana Fidalgo
Os participantes amosarán as súas habilidades a través da lectura en voz alta de dous textos de entre 4 e 6 minutos de duración: un fragmento dunha obra, seleccionada polo xurado; e un fragmento elixido por cada un dos participantes a título individual ou grupal. No caso dos grupos participantes, todos os integrantes terán que ler algún anaco da obra escollida, sendo estes de duración similar.

Entre os criterios que terá en conta o xurado na valoración das lecturas están a fluídez, ritmo, expresividade, ou dominio da linguaxe verbal e corporal á hora de ler os textos.

Haberá dous gañadores por categoría (individual e grupos); recibirán un libro de regalo por persoa. O primeiro premio ademais, conlevará o pase á seguinte fase mediante a gravación dun vídeo da lectura para participar na fase autonómica.