Publicado onte na web da Xunta:
Tres alumnos galegos veñen de conseguir medalla na fase nacional da
XLVII edición da Olimpíada Matemática Española, que se vén de celebrar
en Pamplona, e na que resultaron premiados un total de 36 estudantes.
Ademais, Óscar Rivero Salgado, alumno de 1º de Bacharelato do IES Cidade
de Antioquía (Xinzo de Limia), que obtivo medalla de ouro, formará
parte por segundo ano consecutivo do equipo de 6 membros que
representará a España na LII Olimpíada Matemática Internacional (IMO),
que terá lugar en Holanda. Entre estes membros formarase tamén o equipo
de 4 representantes españois na XXVI Olimpíada Iberoamericana de
Matemáticas, que se celebrará en Costa Rica.
Inés Cadórniga
Zueco, alumna de 2º de Bacharelato do IES Val Miñor (Nigrán), e Carlos
García Ling, que estuda 4º de ESO no colexio Manuel Peleteiro (Santiago
de Compostela) obtiveron cadansúa medalla de bronce na fase nacional
deste certame.
Os resultados obtidos nesta competición confirman o
bo estado das competencias matemáticas dos estudantes galegos. Non en
balde nos resultados do último informe PISA a media obtida polo alumnado
de Galicia nesta competencia foi de 489 puntos, 6 por riba da media do
Estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario