miércoles, 6 de octubre de 2010

CONCURSO "LER E ESCOITAR"

BIBLIOANTIOQUÍA

presenta:
1º concurso Ler e escoitar
para 1º e 2º de E.S.O.
O próximo día 19 de outubro
na BIBLIOTECA
nos RECREOS
(1º recreo: individual; 2º recreo: grupos)
Anótate na Biblioteca antes do 14 de outubro
Información:
Dominga González
Ana Fidalgo
Os participantes amosarán as súas habilidades a través da lectura en voz alta de dous textos de entre 4 e 6 minutos de duración: un fragmento dunha obra, seleccionada polo xurado; e un fragmento elixido por cada un dos participantes a título individual ou grupal. No caso dos grupos participantes, todos os integrantes terán que ler algún anaco da obra escollida, sendo estes de duración similar.

Entre os criterios que terá en conta o xurado na valoración das lecturas están a fluídez, ritmo, expresividade, ou dominio da linguaxe verbal e corporal á hora de ler os textos.

Haberá dous gañadores por categoría (individual e grupos); recibirán un libro de regalo por persoa. O primeiro premio ademais, conlevará o pase á seguinte fase mediante a gravación dun vídeo da lectura para participar na fase autonómica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario