jueves, 10 de noviembre de 2011

UNHA SEMANA DE MEDO…

ir arribaUNHA SEMANA DE MEDO…NA BIBLIOTECA
Actividade recomendada polo EDL, o Club de Lectura e a Biblioteca.


Esperamos que vos guste e que levedes aos vosos alumnos á biblioteca para que tamén participen coas súas historias e comentarios. (Estaría ben una segunda sesión para que eles escriban os seus relatos de medo)

Haberá un cadro horario na sala de pofesores para programar as visitas. (Esperamos que sexan dúas semanas de medo...)

A intención é que para o próximo curso se complete esta exposición, con máis libros, máis relatos e tamén películas. E se alguén se presta para unha boa presentación…


Agradecemos a vosa colaboración pero tamén suxerencias e melloras.

GUÍA DA EXPOSICIÓN:




1.- Exposición de libros da biblioteca e/ou prestados polos profesores(1ª mesa).



Importante: non se poden prestar aos alumnos ata que remate a actividade.





2.- Exposición de cartulinas:



Relatos creados ou escollidos polo alumnado da E.S.O.





3.- Relatos seleccionados:



Estarán fotocopiados:



Para o primeiro ciclo da ESO



- “A morte do Bieito”. R. Dieste

- “ Os difuntos falaban castelao”. A. Fole

- “Arximiro”. A. Fole

...............................................................................................................................





Para o segundo ciclo da ESO (ademáis dos anteriores):



-“O Suso”. X. L. Méndez Ferrín

- “Orballal” (sobre o home do unto). Tonecho de Rebordechao.



- “A máscara da morte vermella”. Edgar Allan Poe

- “Cabo do morto”. Guy de Maupassant.



« Os difuntos falaban castelao » (9.13 min.)

http://www.youtube.com/watch?v=AGlMx4z5-tQ



TRAILER « Sobre a morte do Bieito »

http://www.youtube.com/watch?v=76O-zRbbXN4&feature=related

“O SUSO” DE XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN (Curta de 3 minutos...)

http://www.youtube.com/watch?v=RJTRsE57ZKc

Alma

http://www.youtube.com/watch?v=irbFBgI0jhM&feature=related

El cuervo- los Simpsons

http://www.youtube.com/watch?v=AW4uZ3K9HIk&feature=related



El gato negro- Edgar Allan Poe

http://www.youtube.com/watch?v=iOvwfEbMFZs&feature=related



El pozo y el péndulo- Edgar Allan Poe

http://www.youtube.com/watch?v=I5R7oCuHqaU



El retrato oval

http://www.youtube.com/watch?v=08oDSFZUZW4&feature=related



La leyenda del espantapájaros

http://www.youtube.com/watch?v=-dnIU1Ip5Vs&feature=related

El espectro del bosque

http://www.youtube.com/watch?v=BwLbc8E8SMQ&feature=related

martes, 18 de octubre de 2011

COMENZAMOS

ir arribaPor fin a biblioteca ponse en marcha. Xa sabedes que Ana deixou de ser coordinadora da biblioteca, co que ela a quería, pero bueno non a abandonou totalmente seguro que axudará a para que siga sendo a mesma biblioteca destes anos.

Para comenzar tedes unha exposición que vai estar varios dias, aproveitade a visitala.

Este ano é o ano internacional dos bosques, pero xa vedes  o que está pasando por  Ourense, que está ardendo todo, así que sentidiño.

Para terminar por hoxe ahí vos vai un enlace para que vexades un curto que foi Premio do Público no Festival Internacional  de Cortometrajes de Bueu, está dirixido por Eloy Varela con guión de Fina Casalderrey, a ver si vos gusta, o título é "Duas letras" ánimo que esto xa está en marcha.
A dirección é www.vimeo.com/29034136

sábado, 21 de mayo de 2011

Os mellores!


Demostrado: Pasamos de todo, non pasan de todo.

“Pasamos de todo” é o mellor blog do mes de abril

Escrito por blogmaestro
20 de mayo de 2011 a las 0:00h

Como peche desta semana das Letras Galegas estamos encantados de anunciar que “Pasamos de todo“, bitácora dun pequeno grupo de reforzo de sete alumnos e alumnas de 1º de ESO do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense), ven de converterse no mellor blog de abril.
O xurado resalta o esforzo que se fai para atender á diversidade dun xeito alternativo e motivador para o alumnado. Fálase o seu “idioma” desde o principio, incitanto ás alumas e alumnos a crear perfís ideados á maneira de “alias” con candanseu “avatar”, que estes utilizan como o farían en calquera outro medio dixital, incluídas as redes sociais. Outro instrumento para saír do camiño dos libros de texto é a utilización eficaz de recursos como o vídeo para tratar temas de moita actualidade, aproveitando o fío condutor das conmemoracións diarias e semanais.
Este verdadeiro espiñazo do proxecto da pé a que alternativamente a profesora Eva Agromayor Cid faga propostas motivadoras, cargadas de información atractiva para o seu alumnado, e que estes, pola súa parte, completen unha investigación que utiliza as entradas da profesora como modelo, pero aportando cada un a súa creatividade e amosando temas que verdadeiramente lles interesan.
Aproveitamos tamén esta ocasión para recordarvos que aínda queda por decidir o gañador do mellor blog de maio e o mellor caderno dixital do ano, polo que vos animamos a facer ese esforzo final que vos leve a convertervos na bitácora máis atractiva e de maior calidade. Como podedes ver no exemplo de “Pasamos de todo“, o esforzo paga a pena e os premios para todos podedes volvelos a consultar a continuación nas bases do concurso:
Como se pode comprobar neste blog gañador do premio do mes de abril, o título debería cambiarse ao pasado, porque quizáis “pasaran” de todo ao principio, pero agora non hai dúbida de que, a través dos seus “avatares”, os 7 alumnos e alumnas de reforzo de 1º de ESO do IES Cidade de Antioquía pasan polo calendario celebrando que cada día hai algo que aprender. Noraboa!
Mellor blog de xaneiro: A nosa Voz, do CEIP Curros Enríquez de Ourense.
Mellor blog de febreiro: Nauta, do CEIP Curros Enríquez da Coruña.
Mellor blog de marzo: Matemáticas diarias en Trazo 2º, do CPI de Viaño Pequeno de Trazo (A Coruña).
 

lunes, 4 de abril de 2011

Óscar Rivero: Olimpíada matemática

Publicado onte na web da Xunta:


Tres alumnos galegos veñen de conseguir medalla na fase nacional da XLVII edición da Olimpíada Matemática Española, que se vén de celebrar en Pamplona, e na que resultaron premiados un total de 36 estudantes. Ademais, Óscar Rivero Salgado, alumno de 1º de Bacharelato do IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), que obtivo medalla de ouro, formará parte por segundo ano consecutivo do equipo de 6 membros que representará a España na  LII Olimpíada Matemática Internacional (IMO), que terá lugar en Holanda. Entre estes membros formarase tamén o equipo de 4 representantes españois na XXVI  Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, que se celebrará en Costa Rica.

Inés Cadórniga Zueco, alumna de 2º de Bacharelato do IES Val Miñor (Nigrán), e Carlos García Ling, que estuda 4º de ESO no colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela) obtiveron cadansúa medalla de bronce na fase nacional deste certame.

Os resultados obtidos nesta competición confirman o bo estado das competencias matemáticas dos estudantes galegos. Non en balde nos resultados do último informe PISA a media obtida polo alumnado de Galicia nesta competencia foi de 489 puntos, 6 por riba da media do Estado
.

Texto de David Otero: apoloxía do libro infantil e xuvenil

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
DOUS DE ABRIL.

Os libros son medios para facer lectura. Son soporte de moitas cousas xa de primeiras… interesantes. Logo estas cousas poden volverse marabillosas ou non tanto, pois iso xa depende de ti lectora ou de ti lector.
Ti farás – debes facer - lectura . Lectura túa. E facela co que che dá o libro. E tamén co que ti deas. Debes ser xeneroso sen calotes, nin trampas.
Pola lectura, ese facer tan enormemente interesante, que lle gusta a bastantes, ti es dono de ti e tamén faste dono do texto. Fabricas á man, en exercício de pensamento, a túa lectura que podes compartir ou non, pero que é a túa e que por iso mesmo ese feito resultante e bonito, LER, debes realizalo con sumo gusto, con alegría, activamente e creativamente, poñendo todo da túa parte, pensándote, léndote, e collendo tamén do que che ofrecen xentes que te aprezan e que queren que a túa lectura sexa de proveito, de bo apaño, viva, activa, creativa, persoal.
Na lectura, no soporte do libro, ti podes bordar teas de primorosas ideas e palabras, de textos con valor inmenso, cos que te vestir e ir de campar bonito pola túa vida e pola que saborexas cos demais.
E por iso diremos que os LIBROS conteñen os desexos dos pobos, das persoas, das lectoras e dos lectores.
Os libros conteñen zumes do crear e do pensar que todos podemos degustar e gustar – LER- a grolos de fantasía e ilusións sempre animados a tope desde quen fomos, somos e queremos ser.
Os libros son un exemplo da riqueza dos pobos, do teu pobo, do noso pobo.
OS LIBROS SON QUEN AXUDAN A QUE OS POBOS REFORCEN A SÚA DIGNIDADE DESDE O SEU IDIOMA, DESDE A SÚA CULTURA, DESDE A FRESCURA DA SÚA IDENTIDADE, DESDE OS SEUS FONDOS DESEXOS DE SENTÍRENSE ACTIVADOS PARA COMPARTIR, PARA CONVIVIR, EN LIBERDADE, CREATIVAMENTE, NA ALEGRÍA DO ORGULLO DE VIVIR.
POLA LECTURA – LENDO A VIVIR CON MIRADAS NOSAS NOS LIBROS DE CULTURA E DE LITERATURA- SENTIMOS TAMÉN POLAS AXUDAS E PISTAS DAS ESCRITORAS E DOS ESCRITORES AS MENSAXES LIMPAS DE TANTOS AMORES NESE TESOURO DE LETRAS E PALABRAS , A LINGUA NOSA, QUE NOS SEDUCE.

david otero- lecto-escritor



Es miembro fundador del Pen Club de Escritores Gallegos, de Galix (‘Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil’), de la Fundación Castelao, de la A.C. ‘O Brado’, de la Fundación Alexandre Bóveda, del ‘Pedrón de Ouro’, del ‘Padroado San Martiño’, del Colectivo Cultural Estradense, de la ‘Asociación dos amigos dos Pendellos’ de A Golada, del Movimiento de Renovación Pedagógico ‘Nova Escola Galega’, de la AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) y de Irimia.
Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagógica en las áreas de lengua gallega, animación a la lectura y psicomotricidad. Formó parte del equipo redactor de los programas de lengua y de literatura gallegas para la enseñanza no universitaria. Además, colaboró en la autoría de libros de texto de Lengua Gallega para las editoriales ‘Xerais’ y ‘Galaxia’ y fue codirector de la colección ‘Árbore’ de literatura infantil de la editorial Galaxia.


sábado, 2 de abril de 2011

Fotos do Entroido

Xa tedes as fotos do Entroido, para rir e disfrutar...
(Pincha na imaxe)

miércoles, 30 de marzo de 2011

2 de abril: Día do libro infantil e xuvenil


O libro lembra. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova. 
Cada ano, esta organización encarga un texto e unha ilustración para o cartel conmemorativo a autores dun país distinto. Nesta ocasión, Aino Pervik e Jüri Mildeberg proceden de Estonia e agasállanos con unha imaxe exquisita e unha visión do libro como testemuña dunha época e dun lugar. 
Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e disfrutalo en galego.  

Información obtida en Bibliotecas Escolares de Galicia
Máis información, aquí.
 

martes, 29 de marzo de 2011

Óscar Rivero: un cerebro matemático formado no Cidade de Antioquía



Óscar Rivero acaba de gañar unha medalla de ouro na Olimpiada Matemática de España, quedando terceiro (xa o ano pasado acadara unha medalla de prata). O seu próximo reto agora é a Olimpiada Internacional que se celebrará en Amsterdam.


Unha vez máis --e de seguro que continuaremos facéndoo--, noraboa Óscar polos teus logros no  campo das matemáticas.






 Estes son algúns dos medios impresos e dixitais que recoñecían hoxe o labor do noso estudante, sen contar os rediofónicos e televisivos que están a converter a Óscar en todo un fenómeno mediático no Centro.

Estamos moi orgullosos de ti!

domingo, 27 de marzo de 2011

Ler é doado

 Dous curiosos exemplos que ilustran como leer non é tan difícil, senón un acto case inconsciente onde o cerebro actúa automaticamente de forma vertixinosa:

El orden no importa:
SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVENRSDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCIO COCRRTEA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN ASI PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ETSO ES PQUORE NO LEMEOS CDAA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PLAARBA EN UN TDOO. PRESNOAMELNTE, ME PREACE ICRNEILBE.

Y este otro: si consigues leer las primeras palabras, el cerebro descifrará las demás: 
C13R70 D14 D3 V3R4N0 3574B4 3N L4 PL4Y4 0853RV4ND0 D05 CH1C45 8R1NC4ND0 3N 14 4R3N4, 357484N 7R484J484N MUCH0 C0N57RUY3ND0 UN C4571LL0 D3 4R3N4 C0N 70RR35, P454D1Z05, 0CUL705 Y PU3N735. CU4ND0 357484N 4C484ND0 V1N0 UN4 0L4 D357RUY3ND0 70D0 R3DUC13ND0 3L C4571LL0 4 UN M0N70N D3 4R3N4 Y 35PUM4. P3N53 9U3 D35PU35 DE 74N70 35FU3RZ0 L45 CH1C45 C0M3NZ4R14N 4 L10R4R, P3R0 3N V3Z D3 350, C0RR13R0N P0R L4 P14Y4 R13ND0 Y JU64ND0 Y C0M3NZ4R0N 4 C0N57RU1R 07R0 C4571LL0 C0MPR3ND1 9U3 H4814 4PR3ND1D0 UN4 6R4N L3CC10N; 64574M05 MUCH0 713MP0 D3 NU357R4 V1D4 C0N57RUY3ND0 4L6UN4 C054, P3R0 CU4ND0 M45 74RD3 UN4 0L4 LL364 4 D357RU1R 70D0, S010 P3RM4N3C3 14 4M1574D, 3l 4M0R Y 3l C4R1Ñ0, Y L45 M4N05 D3 49U3LL05 9U3 50N C4P4C35 D3 H4C3RN05 50NRR31R.

JOSEFINA ALDECOA


Acábanos de deixar esta magnífica escritora, membro da chamada "Generación de los niños de la guerra" (Rafael Sánchez Ferlosio, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute e Rafael Azcona), que fixo da educación a súa auténtica paixón. Déixovos o enlace á páxina que se lle dedica en Wikipedia para que a podades coñecer mellor. Tamén resulta interesante este artigo de "Público.es" (El refugio de Josefina Aldecoa) onde se explica como era o seu colexio e a súa idea de educación, baseada nos preceptos da "Institución Libre de Enseñanza": dicía que era mellor formar persoas que sabios.

sábado, 19 de marzo de 2011

Poetas anónimos

Ide cos ollos ben abertos, porque a cada paso podedes encontrar poesía e sabedoría.



http://batania.blogspot.com/


Si pudieras correr siempre, maldito hermano del viento,
si te fuera imposible detenerte,
ahora que sabes que el despacio te lleva a la tristeza,
si pudieras vivir corriendo, volando,
ligero como un globo o como un trébol,
como una ele trazada con lápiz,
vivir sin mirar al suelo, implacable en tu hastío,
sin desmayar nunca en tu odio a la realidad.

jueves, 17 de marzo de 2011

"Pasamos de todo" e "Biblioantioquía" no "Blogmaestro".

Os nosos blogs citados no BLOGMAESTRO de La Voz de Galicia
Noraboa ao labor dos rapaces de Pasamos de todo.

1ª razón para ler o xornal: aprenderás a escribir e expresarte mellor

Escrito por blogmaestro
9 de marzo de 2011 a las 0:12h

O plan lector do centro debe aproveitarse da potencialidade dos xornais para mellorar a competencia  do alumnado á hora de comprender e interpretar criticamente textos escritos. Este é un paso esencial para que  produzan e se expresen mellor por escrito centrándose en algo cercano e actualizado de xeito constante.
Un xornal como o da imaxe ofrece unha amplitude de informacións que poden dar pé a realizar actividades e proxectos en calquera das disciplinas escolares. As “primeiras multas por circular a máis de 125 en autovía”, o “paso de xigante” do Deportivo “cara á permanencia”, as “advertencias da OTAN a Gadafi”, o bo tempo que fará o resto da semana ou a chocante noticia de que “as galegas gañan un promedio de 4.677 euros menos ao ano que os homes“.
Por eso nesta Semana da Prensa na Escola propoñémosvos a todos facer actividades que partan da prensa e que se podan introducir no plan lector do voso centro. Con ese fin e como exemplo a nosa proposta para calquera curso da ESO ou Bacharelato parte da celebración onte, 8 de marzo, do Día Internacional da Muller Traballadora. A través do artigo anterior e doutro no xornal de onte que anuncia que “Bruxelas da un ano ás empresas para que incorporen mulleres en altos cargos” pódese realizar na clase un debate sobre o valor da igualdade. Ademais, ambos artigos conteñen datos estatísticos que combinan perfectamente dúas das competencias básicas, a lingüística e a matemática, e poden dar pé a unha acción combinada entre varias disciplinas.
Os datos pódense trasladar a gráficas ou mesmo infografías nas que tería un papel importante o departamento de Educación Plástica e Visual. Outro subproducto sería comprobar mediante unha enquisa no blog a percepción da igualdade entre os compoñentes da clase. Finalmente, poderíase rematar coa publicación no blog dun artigo de opinión  sobre este tema por parte de todo o alumnado implicado no debate inicial.
Deste xeito, e a través da lectura do xornal, podemos ver cumplida a primeira das razóns propostas por Prensa-Escuela nesta Semana da Prensa na Escola: “lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor”.
NOTA: Exemplo de organización do blog de aula arredor das moitas celebracións ao longo do ano escolar e das informacións aparecidas nos medios e en Internet é Pasamos de todo, realizado por un grupo de 7 alumnos de 1º de ESO do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense). A biblioteca deste centro conta tamén cun excelente blog de animación á lectura, Biblioantioquía. Noraboa por ambas iniciativas.
Recomendamos tamén a presentación sobre o Plan Lector de centro realizada por Pascual Asensio Sánchez, profesor do CEIP Benedicto XIII de Illueca (Zaragoza):



viernes, 31 de diciembre de 2010

lunes, 13 de diciembre de 2010

Non nos cansamos de felicitalo...

...e nunca nos cansaremos:

NORABOA, ÓSCAR!

Gañador do premio extraordinario da E.S.O.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Outono en imaxes

Aquí tedes unha mostra do que deu este outono: concurso "Ler e escoitar", Samaín, Magosto, xornada de portas abertas, actividades da biblioteca, semana do cooperativismo... Que o disfrutedes!


jueves, 18 de noviembre de 2010

Dereitos do neno

O día 20 de novembro celébrase o aniversario dos dereitos do neno, establecidos pola ONU en 1.956.
Grazas á Biblioteca Escolar CEIP Milladoiro por este recurso tan fermoso.

Aquí tedes os vosos dereitos... con música!

jueves, 4 de noviembre de 2010

"O BIBLIOBURRO": Tantas bibliotecas como ideas...

 Érase unha vez un conductor de burros, é dicir, un bibliotecario rural itinerante...
...e colorín, colorado..